A promotora privada Neinor Homes acelera na construción de vivendas | Observatorio de Vivenda

A promotora privada Neinor Homes acelera na construción de vivendas

A promotora privada Neinor Homes acelera na construción de vivendas

Segundo afirman directivos da propia compañía, a promotora Neinor Homes está a afianzar a súa presenza no mercado inmobiliario español. En canto a licencias de construción, ten asegurada a súa actividade ata, polo menos, 2021. Mentres que na venda das obras, estiman a entrega dunhas 2.400 vivendas no ano 2021 e xa aseguraron a entrega doutras 700 en 2022. A promotora marcha na súa actividade a toda vela e, aínda que a venda de vivendas está reducindo o seu crecemento, afirman que non é un problema porque os costes tamén se están estabilizando.

Fonte.- El Economista