Prorrogado ata outubro o Plan de axuda ao alugueiro pola Covid-19 en Portugal | Observatorio de Vivenda

Prorrogado ata outubro o Plan de axuda ao alugueiro pola Covid-19 en Portugal

Prorrogado ata outubro o Plan de axuda ao alugueiro pola Covid-19 en Portugal

Portugal aprobou un decreto lei que prorroga ata outubro de 2021 o Plan de apoio ao alugueiro xestionado polo Instituto de Vivenda e Rehabilitación Urbana en Portugal (IHRU).

Este Plan axuda aos inquilinos con problemas financeiros relacionados coa crise causada pola Covid-19 co fin de salvagardar o dereito á vivenda.

Ademais de protexer aos inquilinos respecto do pago do alugueiro, tamén os protexe noutros servizos como a prohibición da suspensión de subministración en servizos de auga ou electricidade, entre outros.

 

Fonte | Idealista