Publicadas as porcentaxes de solo dispoñible para vivenda protexida en Galicia | Observatorio de Vivenda

Publicadas as porcentaxes de solo dispoñible para vivenda protexida en Galicia

Publicadas as porcentaxes de solo dispoñible para vivenda protexida en Galicia

O Instituto Galego de Vivenda e Solo publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) as porcentaxes de solo dispoñible para vivenda suxeita a algún réxime de protección pública que, como mínimo, comprenderán os terreos necesarios para realizar o 30 % da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo urbanizable. A media de solo reservado, nos concellos de máis de 5.000 habitantes na comunidade é do 6,8%, onde se sitúa a gran maioría.

Os concellos que contan cunha maior reserva de solo para a construción de este tipo de vivenda son Vigo (21,48%), Mos (15,07%), Lugo (13,4%), Pontevedra (12,18%), Foz (11,76%) e Vilalba (10,16%).

Fonte.- Galicia Press