Publicado o decreto que modifica as normas de habitabilidade de Galicia e facilitará a reconversión de baixos comerciais en vivendas | Observatorio de Vivenda

Publicado o decreto que modifica as normas de habitabilidade de Galicia e facilitará a reconversión de baixos comerciais en vivendas

Publicado o decreto que modifica as normas de habitabilidade de Galicia e facilitará a reconversión de baixos comerciais en vivendas

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou o 8 de setembro de que o Goberno autonómico aprobaba o decreto polo que se modifican as normas de habitabilidade de Galicia do ano 2010 e que, como principal novidade, facilitará en determinados supostos que baixos comerciais e entreplantas abandonados ou sen actividade, e localizados en contornas urbanas, poidan reconverterse en vivendas. Conta cunha dobre finalidade: ofrecer solucións efectivas a problemas derivados dos cambios socioeconómicos e estruturais que sufriu a sociedade galega nos últimos anos e adecuar certos aspectos da normativa de habitabilidade vixente en Galicia, co fin de simplificar a súa aplicación e eliminar redundancias co resto da lexislación sectorial.

Nesta liña, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asegurou que a actualización da normativa de habitabilidade vai facilitar, por unha banda, a existencia “dun maior número de vivendas e que haxa alugueiros máis baixos” ante o aumento da oferta e por outra, “garantir a calidade de vida dos galegos a través de vivendas dignas”.

Fonte.- Xunta de Galicia

Enlace ao DOG.- DECRETO 128/2023 polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia.