Publicado o DOG polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e se crea o Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificios | Observatorio de Vivenda

Publicado o DOG polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e se crea o Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificios

Publicado o DOG polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e se crea o Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificios

A Xunta publicou o DOG polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e se crea o Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificios. Este decreto pretende regular o informe de avaliación de edificios como instrumento que acredita a situación en que se atopa un edificio, coa fin de controlar que se manteñen en bo estado de conservación, mantemento e seguridade. 

Coa aprobación deste decreto preténdese favorecer, mediante o coñecemento do estado de conservación dos edificios de uso residencial colectivo, as súas condicións de accesibilidade universal e a súa eficiencia enerxética, o cumprimento do deber de conservación dos edificios e a adopción das medidas necesarias para a conservación e rehabilitación do parque de edificios de vivendas.

Así mesmo, a información derivada dos informes de avaliación de edificios inscritos no rexistro servirá como instrumento fundamental para orientar as políticas municipais e autonómicas no eido da rehabilitación.

A medida afectará aos edificios de uso residencial de vivenda colectiva cunha antigüidade de máis de 50 anos e ao resto dos edificios, cando así o determine a normativa municipal.

Fonte | Xunta de Galicia