Publícanse as bases para poder acceder ás axudas para rehabilitación na ARI da Ribeira Sacra | Observatorio de Vivenda

Publícanse as bases para poder acceder ás axudas para rehabilitación na ARI da Ribeira Sacra

Publícanse as bases para poder acceder ás axudas para rehabilitación na ARI da Ribeira Sacra

O Diario Oficial de Galicia publicará este xoves, 2 de xullo, as bases reguladoras das axudas para financiar actuacións de recuperación nas vivendas situadas dentro da Área de Rehabilitación Integral (ARI) da Ribeira Sacra, que conta cun total de 25 concellos.

Unha vez publicadas as bases cos criterios e condicións que regularán o acceso ás axudas, en cuestión de días procederase á súa convocatoria pública para o ano 2020. A dotación inicialmente prevista ascende a 850.000 euros, uns fondos que se destinarán a financiar actuacións de rehabilitación de vivendas e edificios localizados dentro da ARI, que foi declarada o pasado 21 de febreiro no marco do Plan de Acción Estratéxico da Xunta para reactivar urbanística e ambientalmente a Ribeira Sacra e está xestionada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) debido ao seu carácter supramunicipal.

 

Fonte | IGVS