Publícanse modificacións da Lei de vivenda nos temas de acreditacións da vulnerabilidade, zonas tensionadas e vivenda protexida | Observatorio de Vivenda

Publícanse modificacións da Lei de vivenda nos temas de acreditacións da vulnerabilidade, zonas tensionadas e vivenda protexida

Publícanse modificacións da Lei de vivenda nos temas de acreditacións da vulnerabilidade, zonas tensionadas e vivenda protexida

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia a Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas diversas modificacións que van a afectar, entre outras, á Lei de Vivenda de Galicia.

O primeiro cambio afecta á competencia nos criterios de vulnerabilidade económica. En concreto, é a modificación da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, coa finalidade de aclarar que a competencia para a emisión dos documentos acreditativos da concorrencia de vulnerabilidade económica previstos nos artigos 439, 655 bis e 685 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, é municipal.

O segundo cambio é referido ao criterio das zonas tensionadas. Engádese unha disposición adicional sobre a declaración de zonas tensionadas, na que infórmase de que corresponde ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e por solicitude previa do concello interesado, a declaración como zona de mercado residencial tensionado daqueles ámbitos territoriais nos que concorran os supostos establecidos no artigo 18 da Lei 12/2023, do 24 de maio, polo dereito á vivenda.

A declaración de zona de mercado residencial tensionada exixirá que, con carácter previo á presentación da correspondente solicitude ante o Instituto Galego da Vivenda e Solo, o concello interesado constitúa unha mesa sectorial en que se analizará a proposta municipal de declaración, así como o proxecto de plan específico que inclúa as medidas correctoras e mais o calendario de desenvolvemento delas. Na mesa sectorial deberán estar representados, en todo caso, os colexios profesionais ou asociacións de administradores de predios, de axentes da propiedade inmobiliaria e de persoas promotoras de vivendas. Tamén se informa dos documentos acreditativos necesarios para poder declarar unha zona como tensionada. O Instituto Galego da Vivenda e Solo, como administración competente en materia de vivenda, poderá declarar a zona solicitada como zona residencial tensionada, logo de comprobar a integridade e a suficiencia da solicitude e a documentación achegada polo concello e unha vez valoradas as circunstancias concorrentes, especialmente a incidencia da declaración na política autonómica de vivienda. O Instituto Galego da Vivenda e Solo poderá reunir cantos informes considere necesarios para resolver. 

A última modificación afecta á vivenda protexida, engadindo unha disposición adicional na que se menciona que o destino, réxime de ocupación, duración do réxime de protección e demais aspectos do réxime xurídico aplicable á vivenda protexida en Galicia é o previsto na lexislación autonómica en materia de vivenda, con independencia de que o solo sobre o cal se edifiquen as vivendas sexa ou non de reserva. 

Fonte.- Xunta de Galicia