Publícase no DOG a resolución pola que se declara a Área Rexurbe de A Coruña  | Observatorio de Vivenda

Publícase no DOG a resolución pola que se declara a Área Rexurbe de A Coruña 

Publícase no DOG a resolución pola que se declara a Área Rexurbe de A Coruña 

O Diario Oficial de Galicia publicou o venres 3 de xullo a Resolución pola que se declara a Área Rexurbe de A Coruña, que inclúe dous ámbitos dentro do conxunto histórico: a Almendra central da Cidade Vella e o Eixo Orzán-Panadeiras. A Área Rexurbe de A Coruña é a primeira que se declara nunha cidade galega e a segunda en toda Galicia, despois da de Mondoñedo, declarada no pasado mes de febreiro. 

A superficie total da área é de 0,08 kilómetros cadrados, existindo na mesma, segundo a memoria presentada polo Concello, 519 edificios cun total de 2.188 vivendas. Dese total existen 73 edificios que se atopan en estado deficiente, malo ou ruinoso. 

A través desta nova figura, o Concello de A Coruña pretende realizar actuacións de rehabilitación e mellora das edificacións e trama urbana, que incidirán sobre a situación económico e social dos ámbitos da área Rexurbe e de toda a Cidade Histórica de A Coruña, na que se enmarcan as dúas zonas incluídas na área. 

 

Fonte | Xunta de Galicia