Ratifícase o recurso contra a Lei estatal de vivenda ante o Tribunal Constitucional | Observatorio de Vivenda

Ratifícase o recurso contra a Lei estatal de vivenda ante o Tribunal Constitucional

Ratifícase o recurso contra a Lei estatal de vivenda ante o Tribunal Constitucional

O Consello da Xunta autorizou á Asesoría Xurídica Xeral interpoñer o correspondente recurso ante o Tribunal Constitucional pola Lei estatal polo dereito á vivenda. O obxectivo que busca o executivo galego é defender as competencias exclusivas que ten Galicia en materia de vivenda e resolver as dúbidas de redacción e aplicación que supuxo a súa entrada en vigor en maio de 2023. Deste modo o Goberno galego pon fin ao proceso de diálogo iniciado no pasado verán para intentar chegar a un acordo sobre as diferenzas co Goberno central arredor do contido. 

A Xunta considera que a vía de diálogo fracasou e a comisión bilateral solicitada pechouse sen obter resultados, polo que fundamenta a súa intención de presentar o recurso de inconstitucionalidade en que a lei, ademáis de "ser confusa na súa redacción, técnicamente defectuosa e pouco clara na atribución de certas obrigacións e actuacións, non respecta as atribucións exclusivas en materia de vivenda que recoñecen a Constitución e o Estatuto de Autonomía". 

Este recurso que será presentado conta co informe preceptivo do Consello Consultivo, e formalizarase de inmediato, sumándose aos presentados xa por Madrid, Andalucía, Baleares e Cataluña, admitidos a trámite polo órgano xudicial a finais de setembro.

Fonte.- El Español