Ratifícase a paralización de concesión de novas licencias para vivendas turísticas en Santiago | Observatorio de Vivenda

Ratifícase a paralización de concesión de novas licencias para vivendas turísticas en Santiago

Ratifícase a paralización de concesión de novas licencias para vivendas turísticas en Santiago

A proposta de establecer unha moratoria na concesión de licencias de vivendas para uso turístico foi ratificada no pleno de Santiago de Compostela. A paralización na concesión de licencias prolóngase por un ano, prazo no que se espera poder aprobar unha modificación do Plan Xeral que regule de xeito máis restritivo dita actividade. Ademais, reforzaranse as inspeccións para controlar as vivendas turísticas ilegais ou non rexistradas.

Fonte| El Correo Gallego