Reaccións por sectores á nova lei que permitirá establecer límites aos prezos alugueiros | Observatorio de Vivenda

Reaccións por sectores á nova lei que permitirá establecer límites aos prezos alugueiros

Reaccións por sectores á nova lei que permitirá establecer límites aos prezos alugueiros

O anuncio por parte do Ministerio de Territorio, Mobilidade e Axenda Urbana de presentar antes do verán a nova lei que permitirá regular os prezos dos alugueiros nas zonas tensionadas provoca reaccións moi diversas entre a poboación. 

O colectivo inmobiliario posicionouse en contra desta medida. Aseguran que o control de prezos afectará negativamente ao problema en cuestión, pois diminuirá a oferta de pisos para alugar e incrementará a demanda dos mesmos. Para eles o modelo a seguir é o de Sídney e non o de Berlín. Na capital de Australia apostouse por dobrar a oferta de vivendas para alugar cunha colaboración estatal e privada (fondos inmobiliarios). O resultado desta aposta reduzo fortemente os prezos, sen intervención directa. No mundo académico tamén apostan pola vía de incentivar os alugueiros e a oferta.

Entre as axencias e portais webs parecen estar de acordo co Goberno na construción e seguimento do índice alugueiro, pero non da aplicación dos controis de prezos. Ademais dos problemas de oferta, tamén lles preocupa a posíbel falta de mantemento dos inmobles.

As plataformas sociais celebran esta medida e a consideran tardía. Tamén esperan aínda máis regulación no mercado inmobiliario.

Fonte| El País