A reactivación da construción alcanza ás obras abandonadas en A Coruña | Observatorio de Vivenda

A reactivación da construción alcanza ás obras abandonadas en A Coruña

A reactivación da construción alcanza ás obras abandonadas en A Coruña

A reactivación do sector construtivo que se percibiu o ano pasado na provincia, tamén alcanza aos "esqueletos de formigón" dos que aínda se levantan 14 por distintos puntos da cidade, xa que o Concello renovou a licenza de construción a tres deles.

Non é fácil reactivar estes proxectos construtivos porque nalgúns casos, o promotor non ten capacidade para facelo, pero existe interese por parte do sector privado. De todos os xeitos, fontes municipais recoñecen que non será posible acabar cos catorce esqueletos nos próximos anos e outros seguen sendo unha fonte de problemas sen perspectivas de solución a curto prazo, e neses casos a Consellería de Urbanismo actúará de forma subsidiaria.

Nalgún destes casos, contémplase a demolición das estruturas e non a reactivación das obras, xa que é unha solución máis efectiva dependendo do seu estado e as súas posibilidades.

Fonte | El Ideal Gallego