Récord de vivendas turísticas este verán nas zonas costeiras de Galicia | Observatorio de Vivenda

Récord de vivendas turísticas este verán nas zonas costeiras de Galicia

Récord de vivendas turísticas este verán nas zonas costeiras de Galicia

Co sector turístico quentando motores tras un ano e medio de seca, as vivendas en alugueiro vacacional (VUT) baten unha marca histórica: máis de 12.000 rexistradas ao longo e ancho da Comunidade.

Dentro deste balance, a palma lévanlla catro municipios con máis tirón nos meses de verán, onde se atopan os alugueiros máis caros: Sanxenxo, a illa da Toxa, Baiona e Oleiros. No primeiro deles o número de vivendas en réxime vacacional é de 1.200 (máis que na propia capital) e un piso pode roldar os 1.300 euros á semana. Na Toxa, pola súa banda, están os alugueiros de praia máis prohibitivos de toda España -uns 2.800 euros a semana- pero, recalcan os expertos, isto non é representativo da realidade turística desta esquina atlántica.

Os primeiros en arrendar as súas casas durante a tempada de verán foron os veciños do propio municipio que aproveitan que teñen un inmoble baleiro nun pobo costeiro para ingresar un diñeiro extra. A eles sumáronse desde que as vivendas vacacionais deben rexistrarse -ano 2017- os propietarios chegados doutras localidades que tiñan unha segunda residencia na praia e que agora a ceden. A terceira pata desta triada de donos represéntana os investidores, os que viron o negocio e dedicáronse a comprar pisos para dedicar a este fin. 

A alta rendibilidade, a liberdade e o cobro asegurado son algúns dos factores que moveron moitas casas que estaban na bolsa de alugueiro convencional a unha turística da que, todo apunta, non se irán.