Redondela aprobará unha medida para regular o alugueiro de vivenda turistica | Observatorio de Vivenda

Redondela aprobará unha medida para regular o alugueiro de vivenda turistica

Redondela aprobará unha medida para regular o alugueiro de vivenda turistica

A través dunha moción presentada conxuntamente por PSOE, AER e BNG, comprométense a promover unha normativa que regule o alugueiro turístico en Redondela. Tamén comprométense a establecer no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) a máxima porcentaxe de vivenda pública legalmente permitida, e instan á Xunta a poñer en funcionamento medidas efectivas para incrementar o mercado da vivenda de alugueiro a prezos accesibles. 

Dende as administracións públicas enténdese que neste contexto de difícil acceso á vivenda no que o encarecemento dos prezos converteuse nun dos principais problemas da poboación, segundo os propios cidadáns a través dunha recollida de firmas, as institucións públicas están obrigadas a promover políticas de acceso á vivenda centradas en actuar sobre as vivendas baleiras, planificar os usos do parque residencial, facilitar o acceso ao parque público de vivenda e deseñar unha estratexia para intervir no mercado do alugueiro. 

Un dos aspectos nos que centrarase esta medida é sobre o mercado de alugueiro de vivenda turística, debido ao aumento considerable deste tipo de vivendas no concello de Redondela. Segundo os últimos datos do Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT), son 122 as vivendas de uso turístico no concello na actualidade.

Fonte.- Atlántico