A reforma de vivendas en Galicia repunta un 20% tras as medidas de confinamento | Observatorio de Vivenda

A reforma de vivendas en Galicia repunta un 20% tras as medidas de confinamento

A reforma de vivendas en Galicia repunta un 20% tras as medidas de confinamento

No primeiro trimestre do 2021 os permisos para reformar ou restaurar vivendas ascenderon a 256 en Galicia, en liña cos 260 do mesmo período de 2020 tal e como reflicten os datos publicados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Ademais, disparáronse un 30% os visados de obra para ampliación de vivendas dos 26 de hai un ano, aos 34 de entre xaneiro e marzo do 2021, aínda que a cifra representa unha porcentaxe pequena en termos absolutos.

Todo iso non só estimulou a actividade das promotoras, senón que o empuxe foi tal que as propias inmobiliarias viron unha boa oportunidade para incluír o servizo de reformas dentro da súa oferta. Ademais, isto supuxo un revulsivo os traballadores da cadea de produción do sector da construción.

Con este cambio de hábitos, os cidadáns puxeron o foco na distribución das estancias das súas casas, xa que adquiriu especial importancia dispor dun espazo para teletraballar e máis espazos abertos.

Galicia contabiliza 7.050 vivendas unifamiliares reformadas ou a reformar á venda no circuíto de comercialización, segundo os datos de Fegein. O groso atópase na provincia da Coruña, ata 2.500. Outras 1.800 están situadas na provincia de Pontevedra, 1.500 en Ourense e ao redor de 1.250. 

Fonte | Faro de Vigo