A reforma de vivendas, un negocio en auxe na era covid | Observatorio de Vivenda

A reforma de vivendas, un negocio en auxe na era covid

A reforma de vivendas, un negocio en auxe na era covid

A diferencia doutros sectores da economía que ven lastrada a súa actividade, a da reforma e obra civil, non só se mantén senón que a carteira de pedidos aumentou considerablemente e as boas expectativas seguen para o 2021.

Os traballos de reformas en vivenda habitual, segundas residencias e rehabilitación son unha constante nos últimos meses. A crise sanitaria supuso un punto de inflexión para o sector da construcción: máis que nova construcción, demándase reforma. A xente quere habilitar a súa casa, dotala con máis comodidades das que tiña antes da pandemia e por iso solicítanse melloras para a primeira vivenda, pero tamén os que teñen unha segunda residencia queren facer cambios.

Esta tendencia contrasta coa caída de reformas nos locais comerciais, xa que o comercio foi un dos sectores máis castigados por esta crise.

Fonte | La Voz de Galicia