A rehabilitación de vivendas en España crecerá un 6% en 2021 grazas á chegada de fondos europeos | Observatorio de Vivenda

A rehabilitación de vivendas en España crecerá un 6% en 2021 grazas á chegada de fondos europeos

A rehabilitación de vivendas en España crecerá un 6% en 2021 grazas á chegada de fondos europeos

A chegada dos máis de 1.600 millóns de euros de fondos europeos do Plan de Recuperación destinados á reforma de vivendas e edificios públicos permitirá acometer medio millón de rehabilitacións en vivendas, construír 20.000 novos pisos, xerar máis de 180.000 postos de traballo e inxectar á economía española uns 13.500 millóns de euros.

Por iso, a Asociación Nacional de Distribuidores de Cerámica e Materiais de Construción (Andimac) prevé que o sector da reforma e rehabilitación crecerá en torno ao 6% en 2021, o gasto medio dos fogares españois en materiais de construción e instalación será este ano duns 1.000 euros, e durante este exercicio realizarase algún tipo de reforma interior en, aproximadamente, 1,5 millóns de vivendas.

Fonte | El Economista