As rehabilitacións supoñen o 70 % das actuacións do sector da construción na cidade de Pontevedra | Observatorio de Vivenda

As rehabilitacións supoñen o 70 % das actuacións do sector da construción na cidade de Pontevedra

As rehabilitacións supoñen o 70 % das actuacións do sector da construción na cidade de Pontevedra

A cidade de Pontevedra e a súa área de influencia rexistran este ano 722 proxectos no sector da construción, uns poucos menos que o ano pasado, cuxa cifra era de 737 no mesmo período desde xaneiro a setembro, segundo o balance realizado polo Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Pontevedra (Coatpo). Destas actuacións, un 70 % correspóndense á rehabilitación de edificios , un apartado que 'tira do sector', segundo admite o presidente do citado colexio, Manuel Rañó. En concreto son 235 de obra nova (32,5 %) e 487 obras de rehabilitación (o 67,5 %).

Rañó destaca o a vital importancia da rehabilitación en todo o sector da construción e lembra unha vez máis que 'os fondos europeos Next Generation son unha oportunidade para a rehabilitación do parque de vivendas da provincia de Pontevedra e de toda Galicia, que na súa maioría precisa dunha modernización e posta ao día'.

O representante dos aparelladores indica que o 2023 finalizará como 'un bo ano' no secotr, e insiste en alertar de 'varios factores que serán determinantes a curto e medio prazo: a dificultade para atopar man de obra cualificada, a subida do prezo dos materiais e as restricións no financiamento'. Doutra banda, informan de que están a notar a falta de profesionais no sector, o que supón un freo para o crecemento continuado do sector da construción.

Fonte.- Faro de Vigo