A rendibilidade do investimento en vivenda cae ata o 7,2% no último ano en España | Observatorio de Vivenda

A rendibilidade do investimento en vivenda cae ata o 7,2% no último ano en España

A rendibilidade do investimento en vivenda cae ata o 7,2% no último ano en España

A rendibilidade bruta da compra dunha vivenda para poñela no mercado de alugueiro baixou durante o ano de pandemia ata o 7,2%. No primeiro trimestre de 2020, o retorno que ofrecía situábase no 7,6%, segundo o estudo realizado por Idealista.

Entre as capitais españolas, Lleida é a que resulta máis rendible, cun 8,4%, seguida de Murcia (7,9%), Huelva (7,2%), Castelló da Plana (7%) e Santa Cruz de Tenerife (7%). 

Ademais, segundo este estudo, que relaciona os prezos de venda e alugueiro de distintos produtos inmobiliarios para calcular a súa rendibilidade bruta, as oficinas mantéñense como o investimento inmobiliario máis rendible, xa que comprar unha oficina en España para alugala ofrece unha rendibilidade bruta do 11,1%, fronte ao 9,6% que daban hai 12 meses.  Por outra banda, os locais ofrecen un rendemento do 9,3% (9% hai un ano) e no caso dos garaxes sitúase no 7,2%, superior ao 6,6% de marzo de 2020.

Fonte | Idealista