Renovación da axuda ao alugueiro de vivendas do plan estatal de vivenda 2018-2021. Xunta de Galicia | Observatorio de Vivenda

Renovación da axuda ao alugueiro de vivendas do plan estatal de vivenda 2018-2021. Xunta de Galicia

Renovación da axuda ao alugueiro de vivendas do plan estatal de vivenda 2018-2021. Xunta de Galicia

Próxima apertura: 01/03/2022 - 31/03/2022

Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2022 a renovación dos seguintes programas de axudas ao alugueiro de vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021 (en diante, Plan 2018-2021) que foron concedidas na anualidade 2021, que se tramitarán co código de procedemento VI432 B:

a) Liña A, axuda ao alugueiro de vivenda: a súa finalidade é facilitar o goce dunha vivenda en réxime de alugueiro a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.
b) Liña B, axuda á mocidade para o alugueiro de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao goce dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugueiro, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.

2. A concesión inicial das axudas que se prorrogan mediante esta resolución foi tramitada mediante o procedemento de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.


Poderán beneficiarse todas as persoas físicas maiores de idade.

 

Fonte | Xunta de Galicia