As restricións ás viaxes internacionais seguen perxudicando os prezos das vivendas de luxo en Londres | Observatorio de Vivenda

As restricións ás viaxes internacionais seguen perxudicando os prezos das vivendas de luxo en Londres

As restricións ás viaxes internacionais seguen perxudicando os prezos das vivendas de luxo en Londres

Segundo os datos recopilados pola consultora inmobiliaria internacional Knight Frank, os prezos das vivendas de primeira categoría no centro de Londres continuaron o seu descenso anual por terceiro mes consecutivo en xaneiro de 2021, cun 4,3%, o que indica un patrón de contención mentres que se manteñen as restricións ás viaxes internacionais.

Se ben os prezos mantivéronse prácticamente planos, o número de transacións no mercado de luxo foi un 12% maior en xaneiro de 2021 que no mesmo mes do ano pasado, o que pon de manifiesto como a liberación da demanda reprimida tras a reapertura do mercado o pasado maio de 2020 estase traducindo en intercambios.

Mentras tanto, nas zonas exteriores de Londres de primeira categoría, os prezos medios caíron un 2,9% no ano ata xaneiro, o que supuxo o menor descenso dende o primeiro peche nacional en marzo. Os mercados das aforas de Londres beneficiáronse da búsqueda de máis espazo dende que iniciou a pandemia e rexitrouse un crecemento anual en mercados como Dulwich (2,9%) e Wandsworth (1,7%).

Fonte | World Property Journal