Rexístranse 42 vivendas novas de uso turístico ao día en Galicia | Observatorio de Vivenda

Rexístranse 42 vivendas novas de uso turístico ao día en Galicia

Rexístranse 42 vivendas novas de uso turístico ao día en Galicia

Os datos amosan que a alza dos pisos turísticos non se está a frear, senón, polo contrario, está aumentando. Segundo as cifras do Rexistro da Xunta actualizadas a marzo de 2024, son 26.791 as vivendas de uso turístico rexistradas actualmente. Con respecto a outubro de 2019, a porcentaxe de pisos deste tipo aumentou case un 80 %, pasando dos 5.400 nese mes, aos 26.791 actuais. En xaneiro de 2023, eran 17.102 vivendas deste tipo, aumentando en máis de 4.000 vivendas para pechar o ano con 21.702. Dende o pasado decembro, incrementouse un 23%; foron rexistrados 5.089 novos pisos turísticos. Esta cifra indica que no primeiro trimestre do ano, rexistráronse, en promedio, 42 novas vivendas turísticas ao día. 

Galicia é unha das comunidades autónomas con maior cifra de vivendas de uso turístico, tan só superada por Madrid e as comunidades mediterráneas. En 2022, os pisos turísticos rexistrados superaban os 17.900, mentres que aqueles que se destinaban ao alugueiro tradicional eran 3.000, segundo os datos da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein). Segundo estes datos, había unha vivenda en alugueiro convencional por cada seis vivendas de uso turístico. E esta porcentaxe está a empeorar, posto que a oferta para alugueiro convencional ou residencial mantense, mentres que o número de VUT aumentou.

A esta situación, súmase que o prezo da vivenda continúa movéndose en máximos. O incremento en Galicia durante 2023 foi do 3,4%, mentres que na Unión Europea o incremento medio foi do 0,2%. Adicionalmente, as ao redor de 3.800 vivendas do parque público para alugueiro social en Galicia supoñen o 0,33% das vivendas principais, tres veces menos que a media estatal de 0,96% e 30 veces menos que no conxunto da UE: 9,3.

Fonte.- Nos Diario