Rianxo ofrece xa oito vivendas en réxime de alugueiro social | Observatorio de Vivenda

Rianxo ofrece xa oito vivendas en réxime de alugueiro social

Rianxo ofrece xa oito vivendas en réxime de alugueiro social

Trátase de antigas vivendas dos mestres que foron rehabilitadas para destinalas ao alugueiro social para familias con escasos recursos económicos e que se converteron en oito pisos que ahora o Concello poderá adxudicar entre os veciños inscritos no rexistro único de demandantes de vivenda.

Con esta actuación, executada en dúas fases, concluiu o proxecto municipal, que contou cun investimento de 357.000 euros, dos que a Xunta aportou o 75 % (uns 267.000 euros) e o Concello o 25 % restante (uns 90.000), ao abeiro do Programa de Rehabilitación de Antigas Vivendas de Mestres, posto en marcha pola Xunta en 2017.

A restauración fíxose con materiais resistentes, con todos os servizos e cun enfoque claro á sustentabilidade e á accesibilidade, introducindo enerxías renovables e un ascensor panorámico. Isto permitirá que o prezo do alugueiro destas vivendas oscile entre os 200 e os 250 euros.

Fonte | O Correo do Barbanza