Ribadavia deberá incluír os inmobles da súa propiedade pendentes de rehabilitación no Plan de dinamización da Área Rexurbe | Observatorio de Vivenda

Ribadavia deberá incluír os inmobles da súa propiedade pendentes de rehabilitación no Plan de dinamización da Área Rexurbe

Ribadavia deberá incluír os inmobles da súa propiedade pendentes de rehabilitación no Plan de dinamización da Área Rexurbe

O Concello de Ribadavia deberá establecer, no marco do futuro Plan de dinamización da Área Rexurbe declarada o ano pasado nesta localidade, o destino dos inmobles de titularidade municipal que pretendía ceder á Xunta de Galicia ou ben vender a terceiros.

A Área Rexurbe, declarada pola Xunta o 2 de xuño de 2020, supón a intervención conxunta das administracións local e autonómica para acadar a rehabilitación e renovación do ámbito incluído na mesma a través de actuacións destinadas a reactivar o centro histórico da vila.

Desta maneira, non se trata só de actuar sobre inmobles de titularidade municipal, xa que a Xunta está adquirindo edificios para rehabilitar no conxunto histórico de Ribadavia. 

Fonte | IGVS