Ribadavia recibe subvencións para recuperar sete vivendas | Observatorio de Vivenda

Ribadavia recibe subvencións para recuperar sete vivendas

Ribadavia recibe subvencións para recuperar sete vivendas

Sete vivendas beneficiaránse das subvencións destinadas á rehabilitación nos cascos históricos de Ribadavia e San Cristovo, que se veñen a engadir ás 16 aprobadas en outubro do ano pasado, ahora en distintos momentos do proceso para a súa execución e que supuxeran por entón axudas por un importe de 350.000 euros. 

As subvencións foron concedidas mediante un convenio do Concello de Ribadavia coa Xunta de Galicia e o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana e será a institución local quen se encargue agora de realizar unha convocatoria para que os propietarios das vivendas poidan tramitar as solicitudes.

Trátase nesta ocasión de cinco inmobles do casco histórico de Ribadavia, que suporán un investimento total de 288.108 euros, e en San Cristovo, que alcanza os 135.577 euros, e que recibirán a través do convenio 157.300 euros.

As axudas están enmarcadas na convocatoria de 2020 do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan de Vivenda 2018-2021, e para a concesión a Ribadavia tivéronse en conta o grado de execución de convenios de anos anteriores e o feito de estar declarada como Área Rexurbe por parte da Xunta de Galicia.

Fonte | La Región