Ribadeo solicita á Xunta o plan Rexurbe para o seu casco histórico co obxectivo de revitalizalo | Observatorio de Vivenda

Ribadeo solicita á Xunta o plan Rexurbe para o seu casco histórico co obxectivo de revitalizalo

Ribadeo solicita á Xunta o plan Rexurbe para o seu casco histórico co obxectivo de revitalizalo

O equipo de goberno de Ribadeo, co obxectivo de darlle un novo impulso ao casco vello, solicitou á Xunta unha nova figura xurídica que substitúa a AÁrea de Rehabilitación Integral (ARI) ata agora vixente: o Plan Rexurbe, que incluiría ao conxunto histórico da vila.

Este plan contempla a dinamización aínda máis profunda deste ámbito, tanto en actuacións públicas como privadas, contando cunha maior contía e porcentaxe de axudas económicas destinadas á rehabilitación de vivenda, o que contribuiría á consecución dos obxectivos do concello relativos á mellora das edificacións particulares e publicas de forma que se mmelore tamén a riqueza colectiva de vivir nun entorno atractivo.

Fonte | Xornal da Mariña