Rueda avanza a licitación de 40 novas vivendas de promoción pública no barrio coruñés de Xuxán | Observatorio de Vivenda

Rueda avanza a licitación de 40 novas vivendas de promoción pública no barrio coruñés de Xuxán

 Rueda avanza a licitación de 40 novas vivendas de promoción pública no barrio coruñés de Xuxán

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reafirmou a aposta do Goberno galgo en materia de vivenda coa autorización da licitación, de 40 novas vivendas de promoción pública (VPP) en terreos localizados en Xuxán, na cidade da Coruña, e nas que a Administración autonómica investirá 7,7 millóns de euros.

Trátase de dar un paso máis nunha cuestión fundamental para a cidadanía. Por iso, puxo en valor que esta iniciativa se inscribe no “grande esforzo” que fai cada ano o Goberno galego en promover novas vivendas protexidas e en rehabilitar inmobles destinados a alugueiro social.

De feito, este compromiso enmárcase tamén na estratexia en materia de vivenda que o Goberno galego aprobou hai uns meses no Consello da Xunta. “Marcabamos como un dos obxectivos principais incrementar nun 50% o parque público residencial, ata chegar ás 5.600 vivendas no 2026”, recordou.

Fonte.- Xunta de Galicia