Rueda recorda ao delegado do Goberno central os compromisos con Galicia que seguen pendentes en materia de vivenda | Observatorio de Vivenda

Rueda recorda ao delegado do Goberno central os compromisos con Galicia que seguen pendentes en materia de vivenda

Rueda recorda ao delegado do Goberno central os compromisos con Galicia que seguen pendentes en materia de vivenda

Solicita información “detallada e fiable” sobre a situación urbanística dos terreos de Defensa ofrecidos polo Goberno para a construción de vivenda pública e sobre a localización e estado de habitabilidade das vivendas da Sareb en Galicia

No encontro abordaronse as políticas de vivenda. O presidente da Xunta reclamou información “detallada e fiable” sobre a situación urbanística dos terreos que o Ministerio de Defensa posúe en Galicia e que foron ofrecidos polo Goberno central para ampliar o parque habitacional, e tamén sobre a localización e estado de habitabilidade das vivendas da Sareb na Comunidade autónoma. “Queremos saber onde están”, indicou. 

Fonte.- Xunta