San Sebastián, Barcelona e Madrid rexistran os prezos dos alugueiros máis altos de España despois da subida do IPC de setembro | Observatorio de Vivenda

San Sebastián, Barcelona e Madrid rexistran os prezos dos alugueiros máis altos de España despois da subida do IPC de setembro

San Sebastián, Barcelona e Madrid rexistran os prezos dos alugueiros máis altos de España despois da subida do IPC de setembro

En setembro rexistrouse unha suba do IPC do 4% en España, a maior suba dos últimos sete anos, o cal afecta directamente á actualización das rendas nos contratos de arrendamento de vivendas asinados no mesmo mes do ano pasado.

O impacto da suba do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) nas rendas do alugueiro é heteroxéneo no territorio, xa que os inquilinos de San Sebastián (suba de 36 euros/mes), Barcelona (suba de 35,8 euros/mes) e Madrid (suba de 33,6 euros/mes) son os que máis notarán o aumento.

Así, aínda que o prezo medio en España dun alugueiro de dúas habitacións pasa a 702 euros/mes, tras vivir un incremento de 27 euros co axuste, en San Sebastián os alugueiros chegan aos 936 euros de renda media mensual. En Barcelona, con 35,8 euros máis, o alugueiro medio sitúase en 931 euros/mes e en Madrid (33,6 euros máis) chega ata os 874 euros/mes.

Fonte | Idealista