Santiago é a única cidade galega onde crece a oferta de vivenda en alugueiro | Observatorio de Vivenda

Santiago é a única cidade galega onde crece a oferta de vivenda en alugueiro

Santiago é a única cidade galega onde crece a oferta de vivenda en alugueiro

Segundo o informe elaborado pola Asociación Galega de Inmobiliarias (Agalin), a oferta de arrendamento na cidade de Santiago aumentou un 34% en pouco máis de ano e medio. Na actualidade, as vivendas en alugueiro na capital galega son 201, polas 150 que había en abril de 2022. Agalin indica tamén que este incremento da oferta débese principalmente á “semiregulación” de Vivendas de Uso Turístico que puxo en marcha o anterior goberno municipal. Con todo, os datos actuais confirman que o prezo dos alugueiros tenden á alza.

A entidade indica que o stock de vivenda de alugueiro de prezo inferior a 600 euros descendeu. De feito, tan só o 8,95 % das vivendas de alugueiro ofértanse por unha renda por debaixo dos 600 euros, cando hai dous anos a porcentaxe situábase no 40,6%. Tan só unha de cada cinco vivendas en alugueiro (19 %) teñen rendas comprendidas entre 601 e 750 euros, cando en abril de 2022 a cifra era do 27,33 %. Ademais, unha de cada catro vivendas que están no mercado de arrendamento ten prezos comprendidos entre 750 e 900 euros ao mes, o que representa un 24,37 % do total, unha porcentaxe que aumentou considerablemente desde hai dous anos, cando era do 12 %. Tamén triplicouse o porcentaxe de vivenda en alugueiro entre 900 e 1.200 euros, un 28,66%, cando no inicio do periodo analizado era do 9,33%. 

Isto sitúa a Santiago como a única das cidades galegas nas que aumentou a oferta de vivendas en alugueiro. Ourense rexistrou un descenso do 33%, A Coruña do 30%, Vigo do 23%, Pontevedra do 12%, e Ferrol e Lugo mantivéronse relativamente iguais. En canto aos prezos, en tódalas cidades rexistráronse aumentos. 

Fonte.- El Correo Gallego