Santiago saca adiante as axudas para as actuacións de rehabilitación das áreas de rexeneración e renovación urbana do barrio de Vite e da cidade histórica | Observatorio de Vivenda

Santiago saca adiante as axudas para as actuacións de rehabilitación das áreas de rexeneración e renovación urbana do barrio de Vite e da cidade histórica

Santiago saca adiante as axudas para as actuacións de rehabilitación das áreas de rexeneración e renovación urbana do barrio de Vite e da cidade histórica

A xunta de goberno local de Santiago sacou adiante a convocatoria de solicitude de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas no barrio de Vite e na cidade histórica. Cun presuposto de 750.000 euros, e con cargo aos convenios asinados por Raxoi no marco do Plan Estatal de Vivenda e rehabilitación (PEV) 2018-2021. Estas axudas facilitarán as actuacións de mellora da accesibilidade que inclúan a instalación de ascesores, obras de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade, así como aquelas para a conservación e adaptación á normativa vixente.

En Vite, a convocatoria destinará a cantidade de 672.000 euros para levar a cabo 96 actuacións. As axudas serán sufragadas coas achegas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a Xunta de Galicia.

Fonte.- El Correo Gallego