Sanxenxo é o concello coa vivenda máis cara en Galicia xunto con Nigrán | Observatorio de Vivenda

Sanxenxo é o concello coa vivenda máis cara en Galicia xunto con Nigrán

Sanxenxo é o concello coa vivenda máis cara en Galicia xunto con Nigrán

O prezo da vivenda nos municipios de Sanxenxo e Nigrán é o máis alto, non só da provincia de Pontevedra, senón de toda a comunidade galega, segundo un informe correspondente ao mes de novemebro realizado por Fotocasa. En plena crise mundial causada polo coronavirus, o valor da vivenda en Sanxenxo, capital turística das Rías Baixas manténse sen apenas variación mensual, aínda que experimenta un retroceso interanual de -3,1 %, un valor que se move na media da evolución do mercado galego.

Así, no listado dos dez municipios con maior prezo o mes pasado síguenlles, por esta orde: A Coruña, Baiona, Santiago, Vigo, Oleiros, Pontevedra, Culleredo e Cangas. É dicir, todos os concellos, coa única excepción de Santiago de Compostela, atópanse na costa e seis dos dez ubícanse nas Rías Baixas.

Das sete cidades galegas, A Coruña é a que encabeza a lista, cun valor do metro cadrado de 2.327 euros. A cotización da vivenda en Santiago é de 2.142, mentres que en Vigo a media baixa ata os 2.070, e en Pontevedra chega aos 1.794.

Fonte | La Voz de Galicia