Sanxenxo é o concello galego onde a rendibilidade de poñer unha vivenda en alugueiro é máis alta segundo Fotocasa | Observatorio de Vivenda

Sanxenxo é o concello galego onde a rendibilidade de poñer unha vivenda en alugueiro é máis alta segundo Fotocasa

Sanxenxo é o concello galego onde a rendibilidade de poñer unha vivenda en alugueiro é máis alta segundo Fotocasa

Segundo un estudo realizado polo portal inmobiliario Fotocasa os propietarios que obteñen unha rendibilidade máis alta ao poñer unha vivenda en alugueiro son os da provincia de Lugo (6,4%) seguidos polos da Coruña (5,7%). Pontevedra (5,5%) e por último Ourense onde as ganancias teñen unha media de 5,3%.

Por concellos Sanxenxo é onde a rendibilidade de poñer unha vivenda en alugueiro é maior, cunha media do 7% , seguido por Ferrol (cun 6,9%), Narón  (6,8%), Arteixo (5,5%), Lugo ( 5,3%) mentres que Ourense e Pontevedra contan cun 5%.

Fonte.- Diario de Pontevedra