Segue avanzando a promoción de case 300 vivendas en Pontevedra | Observatorio de Vivenda

Segue avanzando a promoción de case 300 vivendas en Pontevedra

Segue avanzando a promoción de case 300 vivendas en Pontevedra

A promotora do futuro complexo residencial da Finca do Teucro recibiu a notificación de que non precisará a elaboración do informe ambiental da Xunta para a construción dos edificios. Isto supón un paso adiante nun proxecto que leva anos traballándose e que agora deberá presentar o plan urbanístico, pois o anterior foi aprobado parcialmente por non adaptarse á nova normativa. O complexo, nos seus planos iniciais, espera a construción de 270 vivendas nuns terreos de case 5.000 metros cadrados. O residencial acompañarase con zonas verdes, instalacións de ocio e deportivas e unha praza interior.

Fonte.- Diario de Pontevedra