A segunda ola da pandemia reforza o interese pola vivenda en pequenos municipios en España | Observatorio de Vivenda

A segunda ola da pandemia reforza o interese pola vivenda en pequenos municipios en España

A segunda ola da pandemia reforza o interese pola vivenda en pequenos municipios en España

A segunda ola da pandemia do coronavirus reforzou o interese dos españois polas vivendas situadas en municipios de menos de 5.000 habitantes, segundo un estudo publicado por Idealista. Durante novembro, o 14,8% de todas as procuras de casas realizadas no portal inmobiliario producíronse nestas localidades. Mentres que, en xuño, en pleno proceso de desescalada, esa porcentaxe situábase no 13,2%. A diferenza é aínda maior se se compara co dato de xaneiro de 2020, cando os pobos concentraban o 10,1% das procuras.

As razóns principais desta tendencia son a posibilidade de novos confinamentos domiciliarios, o aumento do teletraballo e os prezos sensiblemente máis baixos que ofrecen os municipios máis pequenos.

Por comunidades, a tendencia acentuouse naquelas zonas do tercio norte. Navarra é onde o interese por vivir nos pobos creceu máis, pasando do 26,6% das procuras en xuño ao 44,1% no mes de novembro. Tamén foi relevante en Aragón (do 18,9% ao 35,2%) e La Rioja (do 26% ao 32,9%). Síguenlle Cantabria (do 39,1% ao 43,9%), Euskadi (do 11,5% ao 15,7%) e Cataluña (do 11,9% ao 14,1%).

No lado oposto, atópase Castilla-La Mancha, onde o peso das procuras en municipios de menos de 5.000 habitantes reduciuse do 43,4% en xuño ao 37%. Síguenlle as reduccións de Murcia (do 11,8% ao 6,7%) e Extremadura (do 29,3% ao 28,4%).

Fonte | Idealista