Segundo datos do Colexio de Rexistradores a compravenda de vivenda cae casi un 40 % en abril  | Observatorio de Vivenda

Segundo datos do Colexio de Rexistradores a compravenda de vivenda cae casi un 40 % en abril 

Segundo datos do Colexio de Rexistradores a compravenda de vivenda cae casi un 40 % en abril 

Segundo datos publicados o mércores 3 de xuño polo Colexio de Rexistradores, as compravendas de vivenda pasaron de superar as 41.000 operacións en abril de 2019 a quedarse por debaixo das 26.000 durante o mesmo mes do ano 2020, o que representa un descenso do 38 %. 

Se analizamos o número de operacións realizadas, as compravendas totais mostraron un retroceso dende casi 83.000 en abril de 2019 a menos de 47.000 en abril de 2020, un 43,4 % menos. As hipotecas sobre vivendas tamén baixaron un 16,4 %, de 29.137 en abril de 2019 a 24.353 en abril deste ano. 

Tódalas comunidades autónomas rexistraron importantes retrocesos nas compravendas. Os maiores descensos preséntanse en Melilla (-76,4%), Castilla La Mancha (-59,3%) e Extremadura, mentres que, por outro lado, as que menos descenderon foron Cantabria (-30,6%), País Vasco (-32,2%), Valencia (-33,6%) e Cataluña (-35,1%).

 

Fonte | El Español