Segundo estimacións da Asociación Galega de Inmobiliarias (Agalin), en Galicia venderanse máis de 20.000 vivendas de segunda man este ano | Observatorio de Vivenda

Segundo estimacións da Asociación Galega de Inmobiliarias (Agalin), en Galicia venderanse máis de 20.000 vivendas de segunda man este ano

Segundo estimacións da Asociación Galega de Inmobiliarias (Agalin), en Galicia venderanse máis de 20.000 vivendas de segunda man este ano

Segundo as últimas estimacións realizadas pola Asociación Galega de Inmobiliarias (Agalin), prevese pechar o actual exercicio 2021 con máis de 20.000 vendas de vivendas de segunda man por primeira vez na comunidade, o cal supón bater os rexistros históricos destas transaccións en Galicia desde 2004.

Estas cifras supoñen un aumento respecto ao ano 2019, cando se rexistraron 17.591 vendas. Así, a previsión é que a de Lugo sexa a provincia que incremente máis estas transaccións, un 24,7 %, ata as 3.000, mentres a cidade con maior alza porcentual de vendas de ocasión será Ferrol, cun 39,3 % máis (800 en total). En termos absolutos, a que rexistra o maior número de transaccións é Vigo, con 2.500 operacións (un 35 % superior), seguida de preto pola Coruña (2.300).

Ademais, a Asociación prevé que no 2022 se produza unha expansión do mercado, con prezos que tenderán a subir acompañados dun constante crecemento de vendas. 

Fonte | La Voz de Galicia