Segundo FADEI, as axencias inmobiliarias interveñen no 70% das operacións en España | Observatorio de Vivenda

Segundo FADEI, as axencias inmobiliarias interveñen no 70% das operacións en España

Segundo FADEI, as axencias inmobiliarias interveñen no 70% das operacións en España

Os profesionais inmobiliarios son cada vez máis necesarios no sector para intermediar nas operacións, segundo os datos da Federación de Asociacións de Empresas Inmobiliarias (FADEI), a patronal do sector inmobiliario español. As axencias inmobiliarias participan na intermediacións de 7 de cada 10 operacións de compra e alugueiro de vivendas en España. 

Segundo FADEI, existen varios motivos polos cales esta participación nas operacións inmobiliarias está aumentando, entre os cales destacan que unha axencia inmobiliaria acelera nun 30% o tempo de venda dunha vivenda, e no caso do alugueiro, reduce nun 80% as visitas necesarias para encontrar a un inquilino. A isto habería que sumar outros servizos como a taxación do inmoble para establecer o prezo correcto de mercado, a campaña de marketing para a visibilidade online do anuncio, a realización das visitas comerciais, a negociación do prezo final de venda co comprador ou o acceso a mellores condicións de financiamento e asesoramento legal.

Fonte.- La Vanguardia