Segundo Fotocasa, alugar hoxe en día unha habitación en Galicia é un 52% máis caro que en 2015 | Observatorio de Vivenda

Segundo Fotocasa, alugar hoxe en día unha habitación en Galicia é un 52% máis caro que en 2015

Segundo Fotocasa, alugar hoxe en día unha habitación en Galicia é un 52% máis caro que en 2015

Co aumento dos prezos dos alugueiros, a alternativa do alugueiro compartido converteuse nunha das opcións favoritas para emanciparse da maioría de xente, non obstante, tamén estanse encarecendo os prezos desta alternativa. Compartir actualmente en España unha vivenda custa unha media de 466 €/mes, o que equivale a un 42 % máis que hai cinco anos e un 76 % máis con respecto ao custo que tiña esta opción no 2015, é dicir, hai oito anos. Por aquel entón, tal e como recolle un recente estudo de Fotocasa, o prezo de arrendar unha habitación ascendía aos 265 euros ao mes, aproximadamente uns 200 menos que hoxe. 

En Galicia, os datos son relativamente similares aos datos nacionais. Compartir unha vivenda na comunidade galega custa unha media de 308 €/mes, o que supón un 42 % máis que hai cinco anos e un 52 % máis con respecto ao 2015. Aínda que no dato absoluto hai bastante diferencia entre Galicia e a media nacional, en canto ao crecemento dos prezos están á par nos últimos 5 anos. A situación en Galicia non é tan complicada como a que se rexistra noutras comunidades, xa que hai cinco autonomías na que o prezo é maior a 400 euros ao mes. En Cataluña, este prezo é de media 582 euros ao mes; mentres que en Madrid, a renda queda nos 541 euros. Noutras comunidades como Baleares, o País Vasco e Navarra tamén se require un investimento medio superior aos 400 euros.

Fonte.- La Voz de Galicia