Segundo Fotocasa, Baleares é a comunidade con maior crecemento anual nos prezos de alugueiro | Observatorio de Vivenda

Segundo Fotocasa, Baleares é a comunidade con maior crecemento anual nos prezos de alugueiro

Segundo Fotocasa, Baleares é a comunidade con maior crecemento anual nos prezos de alugueiro

Segundo o último informe do portal inmobiliario Fotocasa, o maior crecemento do prezo do alugueiro no último ano por comunidades autónomas sucedeu en Baleares, concretamente un aumento do 16,6%. A nivel nacional, o prezo do alugueiro subiu un 5,1% en xaneiro respecto ao mesmo mes do exercicio anterior e unha 1% fronte ao mes anterior e sitúase no prezo máis elevado desde 2006 e todas as comunidades experimentaron unha alza do prezo interanual do alugueiro en xaneiro.

Tras Baleares, a Comunidade Valenciana foi na que máis incrementou o prezo, cun aumento do 13,3%, seguida por Madrid (12,8%), Cantabria (11,7%), País Vasco (11,6%), Canarias (11,3%), Asturias (9,9%), La Rioja (9,7%), Castela e León (8,5%), Navarra (8,5%), Andalucía (7,7%), Aragón (7,4%), Galicia (6,6%), Cataluña (6,3%), Murcia (6%), Castela-A Mancha (5,1%) e Extremadura (2,8%). As 5 comunidades que neste mes alcanzaron un maior prezo son Madrid (17,63 euros), seguida de Cataluña (16,14 euros), Valencia (11,67 euros), Navarra (11,37 euros) e Asturias (9,51 euros). 

Por provincias, hai ata 19 nas que o aumento dende xaneiro de 2023 supera o 10%, e nas que máis o fai son Huesca (30%), Tenerife (19,8%), Segovia (17,9%), Toledo (17,9%) e Illas Baleares (16,6%). En prezos absolutos, son 17 as provincias que superan os 10 euros por metro cadrado, e son Barcelona (18,07 euros), Guipúscoa (17,82 euros) e Madrid (17,63 euros) as que máis prezo alcanzan. 

Fonte.- EuropaPress