Segundo Fotocasa, o prezo da vivenda en alugueiro aumenta un 10,9 % no mes de abril respecto ao ano anterior  | Observatorio de Vivenda

Segundo Fotocasa, o prezo da vivenda en alugueiro aumenta un 10,9 % no mes de abril respecto ao ano anterior 

Segundo Fotocasa, o prezo da vivenda en alugueiro aumenta un 10,9 % no mes de abril respecto ao ano anterior 

Segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa, o prezo da vivenda en alugueiro en España sube un 1,7 % na súa variación mensual e un 10,9 % na súa variación interanual, situando o seu prezo en 11,02 €/mao mes en abril. Trátase do quinto incremento consecutivo máis alto en España dende decembro do 2019, onde o prezo situábase en 10,18 €/mao mes.

O alugueiro subiu en 14 comunidades autónomas en abril do 2020. Galicia é a rexión que máis sube de prezo, cun incremento do 2,9 %, seguida de Murica e Navarra. Por outra parte, o prezo da vivenda descende nas comunidades de Canarias, Castilla - La Mancha e Comunitat Valenciana. 

O prezo do alugueiro subiu en 32 das 46 provincias analizadas por Fotocasa, o que supón o 70 %. O incremento mensual máis acusado rexistrouno Pontevedra co 6,9 % e, pola contra, Albacete rexistrou o maior descenso cun -3,6 %. 

A nivel municipal, o prezo do alugueiro sube en 42 dos 79 municipios analizados con variación mensual, é dicir, no 53 %. A cidade co maior incremento mensual é Santiago de Compostela cun 14,1 % e a cidade co maior descenso mensual é Arona cun -6 %. 

 

Fonte | Fotocasa