Segundo Idealista, A Coruña é a capital de provincia galega onde máis creceu a taxa de esforzo do alugueiro nos últimos catro anos | Observatorio de Vivenda

Segundo Idealista, A Coruña é a capital de provincia galega onde máis creceu a taxa de esforzo do alugueiro nos últimos catro anos

Segundo Idealista, A Coruña é a capital de provincia galega onde máis creceu a taxa de esforzo do alugueiro nos últimos catro anos

Segundo un estudo de Idealista, A Coruña e Lugo son as capitais de provincia galegas onde creceu a taxa de esforzo do alugueiro, o que se adica dos ingresos á vivenda, en comparación a 2019  pasando do 20% ao 23% no caso da primeira e do 18% ao 20% no caso da segunda. No caso do Pontevedra a taxa non variou e sitúase no 21% e no de Ourense a porcentaxe do soldo que se destina á vivenda en alugueiro caeu un 1% nos últimos catro anos ata o 18%.

No caso da taxa de esforzo de compra, a comparación con respecto a 2019, aumentou en tres das catro capitais destacando os seis puntos de Pontevedra, e a capital cun porcentaxe de ingresos adicados á compra máis alto co 22%, e os 5 de A Coruña, a taxa no 2023 é do 21%. Lugo rexistrou un aumento do 2% nos últimos 4 anos ata situarse no 15% e Ourense mantívose no 16%.

Fonte.- Idealista