Segundo Idealista o valor medio do alugueiro en Galicia foi de 7,3 € o metro cadrado durante abril | Observatorio de Vivenda

Segundo Idealista o valor medio do alugueiro en Galicia foi de 7,3 € o metro cadrado durante abril

Segundo Idealista o valor medio do alugueiro en Galicia foi de 7,3 € o metro cadrado durante abril

O prezo medio do alugueiro en Galicia aumentou un 1,3% con respecto ao mes anterior ata situarse nos 7,3€  o metro cadrado, o que supuxo, segundo o índice de prezos de Idealista, un 6,5% máis que hai un ano.

Por provincias, Pontevedra foi a que marcou o valor medio do alugueiro máis alto con 8,9 euros o metro cadrado con subidas do 2,4% mensual e 6,3% interanual, seguida por A Coruña con 7,7 euros/m2 e alzas do 1% e 6,9% con respecto ao mes anterior e 2022 respectivamente. Ourense rexistra unha caída con respecto aos datos do portal Indealista do mes pasado do 1,3%, situándose nos 6,2 €/m2 (supón un 9,2% máis que hai un ano) mentres que cunha media de 6 €/m2, Lugo foi a provincia galega máis económica para arrendar segundo estes datos aínda que o prezo aumentou un 2,7% respecto a marzo e un 8,6% a o ano pasado.

Fonte.- Idealista