Segundo La Voz de Galicia as propiedades da Sareb só cubrirían o 11% das peticións de vivenda pública en Galicia | Observatorio de Vivenda

Segundo La Voz de Galicia as propiedades da Sareb só cubrirían o 11% das peticións de vivenda pública en Galicia

Segundo La Voz de Galicia as propiedades da Sareb só cubrirían o 11% das peticións de vivenda pública en Galicia

Segundo recolle La Voz de Galicia na actualidade a Sociedade de activos procedentes de la reestucturación bancaria (Sareb) conta con 1830 vivendas en Galicia ás que se lle suman 1241 obras que se están a realizar. A Xunta mercou recentemente 40 procedentes da Sareb para dedicar ao alugueiro social, que se engaden as 47 que xa dispoñía.

Este número de inmobles dispoñible é insuficiente para cubrir a gran demanda que existe na comunidade, no Rexistro de Demandantes había 16.023 persoas en xaneiro, o que significa que tan só o 11% das peticións serían cubertas coas vivendas da Sareb.

Por provincias, A Coruña é a que máis inmobles que son propiedade da Sareb ten, con 1206 ,o que serviría para cubrir o 25% da demanda (4062 persoas) mentres que en Pontevedra tan só hai 440 vivendas o que contrasta co número de solicitudes 8924. Lugo e Ourense son as que contan cun menor número de solicitudes e vivendas propiedade da Sareb con 2317 solicitudes e 136 inmobles no caso de Lugo e 720 e 48 en Ourense.

Fonte.- La Voz de Galicia