Segundo o informe de Fotocasa, o prezo do alugueiro en Galicia sufriu a súa maior escalada dende 2019 | Observatorio de Vivenda

Segundo o informe de Fotocasa, o prezo do alugueiro en Galicia sufriu a súa maior escalada dende 2019

Segundo o informe de Fotocasa, o prezo do alugueiro en Galicia sufriu a súa maior escalada dende 2019

O prezo do alugueiro en Galicia situouse a final de 2023 nun incremento anual do 8,4%, segundo os datos do portal inmobiliario Fotocasa, o que supón o maior aumento na Comunidade dende 2019, e o decimoprimeiro incremento detectado nos 17 anos nos que existe esta estatística. O aumento na comunidade galega foi maior que na media nacional, que creceu un 5,7%. En canto aos prezos, a media de decembro en Galicia sitouse nos 8,63 €/m2, mentres que a media nacional estivo en 11,66 €/m2. Este incremento explicariase polo desequilibrio entre a oferta e a demanda, posto que a oferta en alugueiro nunca foi tan reducida como neste ano. As previsións para 2024 segundo Fotocasa é un aumento dos prezos, debido a que, segundo o informe, as medidas recollidas pola Lei de Vivenda non están a conseguir equilibrar os prezos. 

No caso das provincias galegas, en Pontevedra o prezo do alugueiro disparouse un 10,7% en 2023, ata os 9,94 euros o metro cadrado, sendo a rexión galega máis cara. En Ourense, o custo do metro cadrado subiu un 8,8% o ano pasado, ata os 6,91 euros, mentres que na Coruña aumentou un 7,1%, ata os 8,41 euros/m2. Por outro lado, Lugo foi a provincia con menor prezo, e menor incremento, con 6,86 euros el metro, un 5,4% máis.

En tódalas capitais de provincia galegas tamén subiu o prezo do alugueiro, comezando por Lugo cidade, cun 18,3% máis, ata os 7,37 euros/m2. En Ourense o incremento foi do 11,1%, con 7,19 euros/m2. O custo en Pontevedra ascendeu un 9,7%, ata os 8,60 euros/m2, do mesmo xeito que na Coruña, con 10,13 euros/m2, un 5,7% máis. Noutras cidades, como en Vigo, o prezo subiu un 8,3%, ata os 10,04 euros/m2 e en Santiago un 12,1%, con 9,54 euros/m2.

Fonte.- El Correo Gallego