Segundo os datos de Tinsa, Galicia mostra unha baixada dos prezos da vivenda no primeiro trimestre do 2020 | Observatorio de Vivenda

Segundo os datos de Tinsa, Galicia mostra unha baixada dos prezos da vivenda no primeiro trimestre do 2020

Segundo os datos de Tinsa, Galicia mostra unha baixada dos prezos da vivenda no primeiro trimestre do 2020

A tasadora Tinsa publicou os datos do primeiro trimestre do 2020, previos a crise do Covid-19, que mostran que a vivenda continuaba ca súa tendencia a alza en España. Sen embargo, o informe mostra que Galicia é unha das poucas comunidades autónomas, xunto con Castilla e León e Asturias, onde os prezos caen un 1,4 %, ata acadar os 1.070 euros por metro cadrado. 

En Vigo, pola contra, os prezos da vivenda aumentaron un 3,3 % de xaneiro a marzo, ata alcanzar os 1.399 euros por metro cadrado. Sendo A Coruña a cidade que recolle o prezo máis caro de Galicia, con 1.612 euros por metro cadrado. 

 

Fonte | Atlántico