Segundo os datos de Tinsa, a vivenda encareceuse un 5% en 2023 | Observatorio de Vivenda

Segundo os datos de Tinsa, a vivenda encareceuse un 5% en 2023

Segundo os datos de Tinsa, a vivenda encareceuse un 5% en 2023

O prezo da vivenda, tanto nova como usada, incrementouse un 5,1% en 2023, e unha subida que foi maior nas áreas metropolitanas, do 6,5%, segundo os datos difundidos pola tasadora Tinsa. Non obstante, os prezos están todavía un 18% por debaixo dos seus máximos valores. 

No conxunto deste ano, marcado polas sucesivas subidas dos tipos de interese do BCE que encareceron o financiamento e frearon as compravendas e as hipotecas asinadas, o prezo nas illas creceu un 5,8 %, mentres que nas capitais e grandes cidades fíxoo un 4,8 %. No caso da costa mediterránea, a subida foi do 4,5 %, mentres que no resto de municipios desa zona situouse no 3,7 %.

Dende o estalido da burbulla inmobiliaria, onde os prezos da vivenda alcanzaron valores mínimos, a vivenda revalorizouse máis dun 39 % ata a actualidade. Onde máis creceu dende entón foi nas capitais de provincia e as grandes cidades, onde o fixo un 47 %, e onde menos, no resto de municipios (23,4 %). No nivel xeral, no ano 2023 os prezos da vivenda están un 18,2% por debaixo dos valores máximos que se alcanzaron entre 2007 e 2008. 

Fonte.- Cope