Segundo os portais inmobiliarios, o esforzo no alugueiro duplicouse en Galicia no último ano | Observatorio de Vivenda

Segundo os portais inmobiliarios, o esforzo no alugueiro duplicouse en Galicia no último ano

Segundo os portais inmobiliarios, o esforzo no alugueiro duplicouse en Galicia no último ano

A pesar das estimacións realizadas a principio de ano, que vaticinaban unha contención na escalada do custo dos arrendamentos en Galicia, a mensualidade media disparouse en xullo un 4,4%  ata chegar aos 455 euros (un 2,6% máis que en 2020), o que supón un ascenso de máis do dobre que a suba salarial que nestes momentos está a pactarse en Galicia nos convenios colectivos (1,5% nos de empresa e un 1,84% nos sectoriais, segundo as últimas estatísticas do Ministerio de Traballo e Economía Social); e un punto máis que a taxa anual do IPC na comunidade (3,5%).

Desde 2015, cando arrincou a senda alcista, os aluguiros de vivenda en Galicia encarecéronse un 25%, sendo Pontevedra a cidade que rexistra un aumento maior (un 36,5%) nos prezos. Séguelle Vigo, onde aumentaron 28,5%; e Lugo con un 26,4%.

Fonte | Faro de Vigo