Segundo as previsións de Solvia, o prezo da vivenda subirá e as compraventas caerán en 2024 | Observatorio de Vivenda

Segundo as previsións de Solvia, o prezo da vivenda subirá e as compraventas caerán en 2024

Segundo as previsións de Solvia, o prezo da vivenda subirá e as compraventas caerán en 2024

Segundo as previsións marcadas no "III Solvia Market View 2023", os prezos da vivenda continuarán subindo en 2024, con incrementos entre o 1,5% e o 2,5%, pese ao descenso do número de compravendas, que poderían caer entre o 5% e o 8%. 

O director de Negocio Real Estate, Ernesto Ferrer-Bonsoms, indicou que o próximo ano será un ano dinámico no número de transaccións inmobiliarias, continuando a senda de estabilización iniciada neste ano 2023, mentres que nos prezos non se apreciará a lixeira reducción nas compravendas e manterán avances similares aos deste ano 2023. 

No terceiro trimestre deste ano, entre os meses de xullo e setembro, rexistráronse un total de 140.160 opeacións, o que supón unha caída do 16,5% en tasa interanual, e do 7,8% respecto ao segundo trimestre deste mesmo ano. A pesar disto, os niveis de actividade mantéñense altos, e presumiblemente pecharase o ano por debaixo das 570.000 compravendas. 

Fonte.- EuropaPress