Segundo S&P o prezo da vivenda sobe en EEUU por noveno mes consecutivo | Observatorio de Vivenda

Segundo S&P o prezo da vivenda sobe en EEUU por noveno mes consecutivo

Segundo S&P o prezo da vivenda sobe en EEUU por noveno mes consecutivo

Segundo os datos de S&P CoreLogic Case-Shriller, o prezo da vivenda en Estados Unidos volveu a aumentar en outubro por noveno mes consecutivo, cun aumento do 0,6% con respecto a setembro. Na perspectiva interanual, o incremento é do 4,8% en relación a outubro do 2022, fronte ó 4% de aumento interanual en setembro. Isto supón unha aceleración no aumento anual de prezos. 

En canto as cidades, Detroit é na que máis aumentaron os prezos, un 8,1%, seguido por San Diego con 7,2% e Nova York con 7,1%. Portland foi a única das 20 grandes cidades nas que os prezos están por debaixo dos datos de fai un ano.

A situación actual é un descenso da oferta de inmobles en venda. Por iso, os que están decididos a adquirir unha casa deben asumir os prezos máis elevados das poucas opcións en venda. En concreto, o índice mostra os datos dun período no que os intereses hipotecarios achegábanse ao 8%, o que deixaba fóra a gran parte da poboación interesada en comprar.

Fonte.- Idealista